28/11/14

ARQUEÓLOGOS VIRTUAIS: HISPANIA PRERROMANA

Queridos arqueólogos/as: Pensades que non iamos ter máis investigacións que facer? Pois non, Agora que estamos a estudar a civilización romana imos ver que fixeron os romanos na Península Ibérica e en Galicia.
Se lembrades, o último que estudamos sobre a Península Ibérica foi a Idade dos Metais, o megalitismo e os castros. Polo que o primeiro que imos a averiguar é:

Asterix en Hispania

  1.  Que pobos habitaban a Península Ibérica antes da chegada dos romanos?
  2. Ademais dos pobos que habitaban a Península houbo outros que se instalaron nela procedentes doutros lugares. Averigüade que pobo se instalou nas seguintes vilas e que nome reciben na actualidade
  • Malaka
  • Gadir
  • Rhode
  • Emporion
  • Cartago Nova
3. Os romanos chamaron Hispania á Península Ibérica, por que? Que significa a palabra Hispania?

Tedes ata o mércores día 10 (os dous grupos) para enviar as vosas respostas

27/11/14

A Antiga Roma

Xa que está claro que non podemos ir de excursión de fin de curso a Roma, nos teremos que conformar con este video da Antiga Roma en 3D


A CIVILIZACIÓN ROMANA

Continuamos polo Mediterráneo e chegamos a Roma. Escoitaches algunha vez a frase: "Todos os camiños conducen a Roma" Imos ver este video para saber que significa realmente esta frase.

19/11/14

COMENTARIO DUNHA ESCULTURA

Imos aprender a comentar unha escultura, para iso temos que seguir os seguintes pasos:

DESCRICIÓN
  1. Identificar se se trata dunha escultura en vulto redondo ou relevo
  2. Identificar o material no que está feita: mármore, bronce, madeira, óso...
  3. Identificar se é figurativa ou abstracta
COMENTARIO
  1. Identificar que representa: un deus, unha escena mitolóxica...
  2. Explicar como está representada: ten movemento, é realista, mostra expresividade,
  3. Identificala cunha época ou estilo e, cando se poda, co autor
Imos practicar con estas 3 esculturas gregas











ARQUITECTURA GREGA - II

O PARTENÓN DE ATENAS
É un templo dórico situado na Acrópole de Atenas, dedicado a Atenea Parthenos, a deusa protectora da cidade e promovido por Pericles. É obra dos arquicectos Ictinio e Calícrates e nel tamén traballou Fidias.




Na mesma Acrópole de Atenas se atopa o Erecteion, templo xónico no que destaca o Pórtico das Cariátides, onde as columnas foron substituídas polas Cariátides: figura feminina que substitúe a unha columna. Cando a figura é masculina chámase atlante ou telamón.





O Templo de Apolo en Delfos é un exemplo de planta circular.








ARQUITECTURA GREGA- I

 A arquitectura grega é alintelada ou arquitrabada, baséase na unión de elementos verticais e horizontais. Está feita a medida do home, non ten a monumentalidade das construcións exipcias; e busca a beleza na proporción e harmonía.
O elemento básico é a columna, a combinación da base,  fuste e o capitel dá lugar ás tres ordes arquitectónicas. 
Ordes arquitectónicas gregas

O edificio principal é o templo.



Planta dun templo grego






Tipos de templo segundo a planta





9/11/14

DATAS DOS EXAMES

Por se alguén se esquece onde anotou as datas dos exames:

13 novembro 2014: Exipto e Mesopotamia
26 novembro 2014: Grecia
10 decembro 2014: Roma

8/11/14

TRABALLO AULA DE INFORMÁTICA

Esta semana iremos á aula de informática a facer un pequeño traballo sobre a Cultura Grega. Dareivos a cada un de vós un personaxe grego do que teredes que facer unha pequena biografía na que recollades os seguintes puntos:

  • Nome e datas de nacemento e morte se as coñecemos, ou o século no que viviu
  • A que se dedicou: filósofo, matemática, escultor, arquitecto, dramaturgo...
  • Que fixo: elaborou unha teoría filosófica, estableceun un teorema, escribiu obras, fixo esculturas...E se tedes o nome das obras as anotades
  • Unha fotografía del ou das súas obras
Coa información e as fotos (teredes que imprimilas vós) que traiades faremos en todos un collage.

A CIVILIZACIÓN GREGA

1/11/14

AS PIRÁMIDES DE EXIPTO

No seguinte video podedes ver como eran as pirámides

 


 E neste explican as teorías que existen para explicar como movían os grandes bloques de pedra

 

O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS

Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.