Recursos de Xeografía e Historia de 1º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
Mostrando entradas con la etiqueta A Prehistoria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Prehistoria. Mostrar todas las entradas
22/2/18
OS PLAYMOBIL DA PREHISTORIA NO MUSEO DE PONTEVEDRA
Acaban de inaugurar no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra unha exposición baseada nun diorama que recrea a prehistoria cos clicks de Playmobil. A exposición estará aberta ata o 18 de xuño. Se queredes saber máis:
28/2/16
ARQUITECTURA MEGALÍTICA EN GALICIA
Como remate final do tema da Prehistoria (aínda que estudaremos máis adiante a Península Ibérica na Antigüidade e trataremos a Idade de Ferro con maior profundidade) imos realizar unha pequena investigación sobre un monumento megalítico de Galicia para o que cubriredes a seguinte ficha.
Podedes escoller entre os seguintes monumentos ou buscade un vós mesmos. Faremos o traballo na aula de informática
- Lapa de Gargantáns
- Dolmen de Axeitos
- Dolmen de Dombate
- Casa dos Mouros (Candeán)
- Chan de Castiñeiras
- Chan da Armada
- Círculo Lítico do Freixo
15/10/14
3ª PESQUISA ARQUEÓLOGOS VIRTUAIS: OS CASTROS
Nesta ocasión imos investigar sobre os castros. Atopamos estas construcións espalladas por todo o territorio galego pero imos centrar o noso estudo en 4 castros, un por provincia:
* Castro de Baroña (Porto do Son, A Coruña)
* Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo)
* Castro de San Cibrao de Las (San Amaro e Punxín, Ourense)
* Castro de Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra)
Faremos unha ficha de cada un deles co formato que podedes ver no seguinte enlace Ficha castros
DATAS DE ENTREGA:
1º A MARTES DÍA 28 DE OUTUBRO
1º B LUNS DÍA 27 DE OUTUBRO
DATAS DE ENTREGA:
1º A MARTES DÍA 28 DE OUTUBRO
1º B LUNS DÍA 27 DE OUTUBRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS
Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.
-
O megalitismo é un dos fenómentos prehistóricos do que máis restos temos en Galicia. Nesta ocasión tedes que buscar información sobre: * u...
-
Queridos arqueólogos/as: Pensades que non iamos ter máis investigacións que facer? Pois non, Agora que estamos a estudar a civilización roma...
