Mostrando entradas con la etiqueta Grecia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Grecia. Mostrar todas las entradas

5/4/17

DEUSES GREGOS E ROMANOS

 Imos inestigar sobre os deuses gregos e romano. Cada un de vós tedes asignado un deus grego do que tedes que investigar o seguinte: nome que recibía o deus/deusa na mitoloxía grega e romana, atributos que tiña na mitoloxía grega e romana (é dicir, como se representaba) e de que era deus/deusa na mitoloxía grega e romana. Como vedes estamos comparando as dúas mitoloxías. Tedes que facelo nunha cartolina pequeNa, tamaño folio, non vou recoller ningunha cartolina grande, A información ten que vir acompañada da imaxe (debuxo, ilustración ...) do deus/deusa.
DATA DE ENTREGA 25 DE MAIO

2/5/16

XOGOS OLÍMPICOS --- ARTIGO

Pinchade na seguinte imaxe na que tedes a información sobre o traballo que ides facer sobre os Xogos Olímpicos. Lembrade que é un artigo xornalístico. O profe Cándido vai explicarvos como se fai un artigo para un xornal. E o profe Andrés vaino ter en conta tamén na súa asignatura. É un traballo multidisciplinar que como vos expliquei terase en conta nas asignaturas de Lingua Galega, Educación Física e Xeografía e Historia. O prazo de entrega é o 30 de maio. 



21/4/16

OS PRIMEIROS XOGOS OLÍMPICOS DA ERA MODERNA

 Con motivo do 120 aniversario da celebración dos primeiros Xogos Olímpicos da era moderna en Atenas en 1896, inaugurouse en Grecia unha exposición fotográfica para a que se creou un video coas fotografías feitas na época. Pinchade na foto para ver o video e as fotografías. 

A CIVILIZACIÓN GREGA

19/11/14

COMENTARIO DUNHA ESCULTURA

Imos aprender a comentar unha escultura, para iso temos que seguir os seguintes pasos:

DESCRICIÓN
  1. Identificar se se trata dunha escultura en vulto redondo ou relevo
  2. Identificar o material no que está feita: mármore, bronce, madeira, óso...
  3. Identificar se é figurativa ou abstracta
COMENTARIO
  1. Identificar que representa: un deus, unha escena mitolóxica...
  2. Explicar como está representada: ten movemento, é realista, mostra expresividade,
  3. Identificala cunha época ou estilo e, cando se poda, co autor
Imos practicar con estas 3 esculturas gregas











ARQUITECTURA GREGA - II

O PARTENÓN DE ATENAS
É un templo dórico situado na Acrópole de Atenas, dedicado a Atenea Parthenos, a deusa protectora da cidade e promovido por Pericles. É obra dos arquicectos Ictinio e Calícrates e nel tamén traballou Fidias.




Na mesma Acrópole de Atenas se atopa o Erecteion, templo xónico no que destaca o Pórtico das Cariátides, onde as columnas foron substituídas polas Cariátides: figura feminina que substitúe a unha columna. Cando a figura é masculina chámase atlante ou telamón.





O Templo de Apolo en Delfos é un exemplo de planta circular.








ARQUITECTURA GREGA- I

 A arquitectura grega é alintelada ou arquitrabada, baséase na unión de elementos verticais e horizontais. Está feita a medida do home, non ten a monumentalidade das construcións exipcias; e busca a beleza na proporción e harmonía.
O elemento básico é a columna, a combinación da base,  fuste e o capitel dá lugar ás tres ordes arquitectónicas. 
Ordes arquitectónicas gregas

O edificio principal é o templo.



Planta dun templo grego






Tipos de templo segundo a planta





8/11/14

TRABALLO AULA DE INFORMÁTICA

Esta semana iremos á aula de informática a facer un pequeño traballo sobre a Cultura Grega. Dareivos a cada un de vós un personaxe grego do que teredes que facer unha pequena biografía na que recollades os seguintes puntos:

  • Nome e datas de nacemento e morte se as coñecemos, ou o século no que viviu
  • A que se dedicou: filósofo, matemática, escultor, arquitecto, dramaturgo...
  • Que fixo: elaborou unha teoría filosófica, estableceun un teorema, escribiu obras, fixo esculturas...E se tedes o nome das obras as anotades
  • Unha fotografía del ou das súas obras
Coa información e as fotos (teredes que imprimilas vós) que traiades faremos en todos un collage.

A CIVILIZACIÓN GREGA

O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS

Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.