Mostrando entradas con la etiqueta Hispania. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hispania. Mostrar todas las entradas

18/1/15

ARQUEÓLOGOS VIRTUAIS : HISPANIA ROMANA II

Queridos arqueólog@s chegamos ó final das nosas pesquisas por este curso, novos derroteros nos esperan. Imos finalizar investigando un pouquiño máis sobre a Hispania romana.

1. Algún de vos, ao buscar o nome de Hispania, xa comentaches nas rexións nas que estaba dividida. Os que non o fixeches, buscade cales foron as provincias nas que dividiron  os romanos a Hispania
2. Indicade os monumentos romanos máis importantes de cada unha delas
3. Centradevos agora en Galicia, que monumentos romanos conservamos? onde se atopan? para que servían?
4. Despois de facer o mapa o outro día xa sabemos que produtos saían de Hispania cara Roma e que os levaban por terra ou mar. A ver se atopades as principais vías romanas, as principais estradas, os antecedentes das nosas autopistas.

O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS

Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.