29/4/18

MITOLOXÍA GREGA E ROMANA

O ANTIGO EXIPTO

A ANTIGA GRECIA

A NOSA DÚBIDA DE EXIPTO

Os alumn@s de 1º B tiveron unhas dúbidas o outro día e tanto eles coma eu non fumos capaces de resolvelas e buscamos e buscamos a información. Por iso decidimos preguntarlle a un gran experto da historia de Exipto, a Nacho Ares, escritor e historiador que conduce o programa SER Historia na Cadena Ser. Aquí tedes a dúbida que lle mandamos por twitter, cando nos conteste poñeremos a solución.
Grazas a unha amiga atopei a solución á primeira dúbida

Resultado de imagen de llave de la vida egipciaTrátase dun xerogflífico, o Anj, que significa vida. Cando aparece portada por un dos deuses indica as súas competencias sobre a vida e a morte e coa súa condición de eternos. Relacionado cos homes, significa inmortalidad, polo que se emprega para describir a vida ou a idea de vida despois da morte, entendida como inmortalidade.





23/4/18

DÍA DO LIBRO: NOVELAS HISTÓRICAS DA IDADE ANTIGA

O 23 de abril é o Día do Libro. Un dos xéneros que máis lectores ten é o da novela histórica, na que se recrean acontecementos históricos mesturados coa ficción. Da época antiga, a que estamos estudando este ano, hai moitas novelas, unhas máis fieis á historia que outras. Aquí vos deixo algunhas, hai moitas máis. Moitas destas novelas foron levadas ao cine ou á televisión. Non deixo os libros aquí para que os leades agora, senón para que aqueles que vos gusta o xénero os podades ler nun futuro. No blog de 2º da ESO tedes novelas centradas na Idade Media.

Resultado de imagen de sinuhe el egipcio libro
Sinuhé, o médico real do faraón Akenaton, conta a historia no exilio despois da morte do fararón a causa de perder a súa posición pola relación cunha cortesana. Ademais dos sucesos da época, relata tamén os viaxes de Sinuhé por Babilonia, por Creta e por outros pobos veciños.

Hai unha película de 1954.

Resultado de imagen de yo claudio
Novela narrada en primeira persoa na que o emperador Claudio conta a súa vida pois pensa que alguén vai acabar con ela.

Hai unha serie da BBC inglesa de 1976.

Resultado de imagen de claudio el dios y su esposa mesalina
Continuación da novela anterior.












Resultado de imagen de memorias de adrianoA modo dunha longa carta dividida en capítulos, o emperador Adriano conta a súa vida.

                     
Resultado de imagen de viaje pomponio
 No s I a C Pomponio Flato viaxa polo Imperio en busca dunhas augas milagrosas e chega a Nazaret, onde vai ser executado o carpinteiro do pobo, acusado do asasinato dun rico cidadán. Pompoio vese inmerso na solución do crime.


EXAME DE XUÑO

No seguinte enlace tedes o que entra no exame de xuño Xeografía e Historia 1º ESO