9/12/15

COMO SE VIVE NUN IGLÚ?

Como se constrúe un iglú? Pinchade na foto para saber como facelo



Resultado de imagen de como se hace un iglu
Como construír un iglú


E se queredes saber como se mantén a temperatura no seu interior e por que non se derriten pinchade neste outro iglú

Funcionamento dun iglú

POLO SUR XEOGRÁFICO E MAGNÉTICO

O Polo Sur Xeográfico é o punto máis austral da superfice terrestre (90º0'0'' S - 0º0'0'L). Ten unha posición oposta ao Polo Norte.


O Polo Sur Magnético é o punto onde o campo magnético da Terra é perpendicular á superficie. A súa posición varía constantemente aínda que se atopa cerca do Polo Sur Xeográfico. Tamén existe un Polo Norte Magnético




4/10/15

HORARIO DE INVERNO E HORARIO DE VERÁN

Para aproveitar as horas solares empregamos o horario de inverno ou de verán, así deste xeito:

*o derradeiro domingo de marzo (na madrugada do sábado ao domingo) adoptamos o horario de verán: as 2:00h pasan a ser as 3:00h




* o derradeiro domingo de outubro (na madrugada do sábado ao domingo)adoptamos o horario de verán: as 3:00h pasan a ser as 2:00h

1/10/15

O MERIDIANO DE GREENWICH EN ESPAÑA

El Meridiano de Greenwich en la A-2 (CC)-by AlvyPor onde pasa o meridiano de Greenwich en España? A resposta pinchando na imaxe

Novo sistema planetario na Vía Láctea

Cando estudamos o universo sempre nos entra a dúbida se hai outros planetas, ademais dos que coñecemos, se hai estrelas como o sol... pois ben mirade o que descubriron estes científicos do Reino Unido: Sistema solar con 5 planetas Que vos parece?

22/9/15

ECLIPSE DE LÚA - 27 DE SETEMBRO

O domingo 27 de setembro haberá un eclipse de lúa, o segundo deste 2015. coincide cunha "superlúa": unha lúa chea que se ve máis grande e brilante.  A última vez que sucedeu un eclipse deste estilo foi en 1982 e non se producirá outro ata 2033 polo que é unha boa ocasión para velo, aínda que se vai producir a unhas horas bastante intempestivas.

Se queredes saber máis sobre as superlúas e os eclipses lunares non deixedes de ler esta noticia.

3/6/15

RECTA FINAL

Veña chic@s que estamos na recta final, un pouquiño de esforzo para acabar ben o curso.



O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS

Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.