Recursos de Xeografía e Historia de 1º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
22/4/16
A TUMBA DE TUTANKAMÓN-2
Non é unha idea descabellada que un rapaz que axudaba na expedición atopase o primeiro chanzo que levaba á tumba de Tutankamón, quen sabe! xulgade vos mesmos no seguinte enlace: O neno que descubriu a tumba de Tutankamón,
21/4/16
OS PRIMEIROS XOGOS OLÍMPICOS DA ERA MODERNA
Con motivo do 120 aniversario da celebración dos primeiros Xogos Olímpicos da era moderna en Atenas en 1896, inaugurouse en Grecia unha exposición fotográfica para a que se creou un video coas fotografías feitas na época. Pinchade na foto para ver o video e as fotografías.
20/4/16
18/4/16
APORTACIÓNS DOS EXIPCIOS
Moitas son as cousas nas que os exipcios foron pioneiros e que, a pesar do paso do tempo e cos conseguintes avances, a civilización continua a empregar. Despois de estudar a civilización exipcia, algunhas destas aportacións non son sorprendentes, como os xeroglíficos, as técnicas de embalsamento, o uso das vendas, as técnicas de regadío, o calendario solar... pero outras nos asombraron moito: a maquillaxe, as pechaduras, as próteses ou a pasta de dentes.
12/4/16
QUE FAI UN TEMPLO EXIPCIO NO CENTRO DE MADRID???
O templo de Debod estaba situaado no sur de Exipto, na Baixa Nubia, cerca do gran templo dedicado a Isis na rexión de Filé, que facía fronteira con reino de Meroe. O templo comezou a construírse a comezos do s II a C ao erixirse unha pequena capela na honra de Amón e Isis. Amploiuse en varias ocasións e no s VI foi abandoado.
Ata aquí todo correcto, pero onde está ese templo? En Madrid??? Madrid de España??
Coa construción da Presa de Asuán en 1960, os monumentos e lugares arqueolóxicos da Baixa Nubia víronse ameazados polo que a UNESCO fixo un chamamento á comunidade internacional para salvalos. España acudiu en axuda dos monumentos de Abu Simbel e, en agradecemento, o goberno exipcio regaloulle en 1968 o templo de Debod. Reconstruído en España, está aberto ó público dende 1972.
Que vos parece? Xa sabedes onde ir se pasades por Madrid.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS
Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.
-
Comezamos a nosa aventura arqueolóxica. * Cal é o resto humano máis antigo atopado na Península Ibérica? Onde se atopa? Cal é a súa antigü...
-
O megalitismo é un dos fenómentos prehistóricos do que máis restos temos en Galicia. Nesta ocasión tedes que buscar información sobre: * u...