28/2/16

ARQUITECTURA MEGALÍTICA EN GALICIA

Como remate final do tema da Prehistoria (aínda que estudaremos máis adiante a Península Ibérica na Antigüidade e trataremos a Idade de Ferro con maior profundidade) imos realizar unha pequena investigación sobre un monumento megalítico de Galicia para o que cubriredes  a seguinte ficha.





Podedes escoller entre os seguintes monumentos ou buscade un vós mesmos. Faremos o traballo na aula de informática

  • Lapa de Gargantáns
  • Dolmen de Axeitos
  • Dolmen de Dombate
  • Casa dos Mouros (Candeán)
  • Chan de Castiñeiras
  • Chan da Armada
  • Círculo Lítico do Freixo







26/1/16

24/1/16

AS ZONAS BIOCLIMÁTICAS

Podedes acceder á revista dos bioclimas pinchando en cada unha das imaxes

https://drive.google.com/file/d/0B5VJwr1xGKZ2Sk9TNG1VT1d1dzA/view?usp=sharing
1º A ESO
https://drive.google.com/file/d/0B5VJwr1xGKZ2cDVrU1pxRWdLMU0/view?usp=sharing
1º B ESO

21/1/16

10/1/16

REFRANEIRO GALEGO DO CLIMA

Lembrade que tedes que buscar refràns relacionados co clima, Aqui vos deixo uns cantos para que os animedes, hai moitos e moi divertidos!











9/12/15

COMO SE VIVE NUN IGLÚ?

Como se constrúe un iglú? Pinchade na foto para saber como facelo



Resultado de imagen de como se hace un iglu
Como construír un iglú


E se queredes saber como se mantén a temperatura no seu interior e por que non se derriten pinchade neste outro iglú

Funcionamento dun iglú

POLO SUR XEOGRÁFICO E MAGNÉTICO

O Polo Sur Xeográfico é o punto máis austral da superfice terrestre (90º0'0'' S - 0º0'0'L). Ten unha posición oposta ao Polo Norte.


O Polo Sur Magnético é o punto onde o campo magnético da Terra é perpendicular á superficie. A súa posición varía constantemente aínda que se atopa cerca do Polo Sur Xeográfico. Tamén existe un Polo Norte Magnético




O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS

Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.