18/4/16

APORTACIÓNS DOS EXIPCIOS

Moitas son as cousas nas que os exipcios foron pioneiros e que, a pesar do paso do tempo e cos conseguintes avances, a civilización continua a empregar. Despois de estudar a civilización exipcia, algunhas destas aportacións non son sorprendentes, como os xeroglíficos, as técnicas de embalsamento, o uso das vendas, as técnicas de regadío, o calendario solar... pero outras nos asombraron moito: a maquillaxe, as pechaduras, as próteses ou a pasta de dentes. 




12/4/16

A MOMIFICACIÓN

A TUMBA DE TUTANKAMON

O XUIZO DE OSIRIS

QUE FAI UN TEMPLO EXIPCIO NO CENTRO DE MADRID???

O templo de Debod estaba situaado no sur de Exipto, na Baixa Nubia, cerca do gran templo dedicado a Isis na rexión de Filé, que facía fronteira con reino de Meroe. O templo comezou a construírse a comezos do s II a C ao erixirse unha pequena capela na honra de Amón e Isis. Amploiuse en varias ocasións e no s VI foi abandoado.
Ata aquí todo correcto, pero onde está ese templo? En Madrid??? Madrid de España??
Coa construción da Presa de Asuán en 1960, os monumentos e lugares arqueolóxicos da Baixa Nubia víronse ameazados polo que a UNESCO fixo un chamamento á comunidade internacional para salvalos. España acudiu en axuda dos monumentos de Abu Simbel e, en agradecemento, o goberno exipcio regaloulle en 1968 o templo de Debod. Reconstruído en España, está aberto ó público dende 1972. 

Que vos parece? Xa sabedes onde ir se pasades por Madrid.

O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS

Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.