23/1/17

REDE NATURA 2000

Pinchade no mapa para acceder a páxina do ministerio de Medio Ambiente na que podedes atopar información sobre un LIC ou ZEPA pertencente a Rede Natura 2000 en España. 

 Mapa de la Red Natura en España


 Tedes que facer unha ficha cos seguintes datos:
- Nome do LIC ou ZEPA
- Localización: a máis precisa posible (lugar, concello, provincia, comunidade autónoma)
- Que protección ten, dende cando e porque a ten
- Todos os aspectos que consideredes relevantes
- Podedes acompañalo dunha fotografía se queredes

DATA DE ENTREGA
: 2 DE FEBREIRO 17

30/12/16

2016 TERÁ UN SEGUNDO MÁIS

Este 2016 terá un segundo máis o día 31 de decembro, pero tranquilos só hai que comer 12 uvas ningunha máis. 😀
Pinchade na imaxe para saber por que


Resultado de imagen de reloj puerta del sol madrid

13/11/16

EXERCICIOS INTERACTIVOS PARA REPASAR OS MAPAS

Pinchade nos seguintes enlaces para acceder a exercicios interactivos para repasar os mapas, tedes que en cada páxina buscar o continente e o tipo de exercicio que queredes facer. Tede en conta que son páxinas que están en castelán polo que os nomes poden cambiar (p.ex llanura e non chaira) e que haberá accidentes xeográficos que nós non esudamos na clase.

Mapas interactivos 

Didactalia


4/11/16

Pinchade no enlace para acceder aos mapas dos continentes, podedes descargalos e imprimilos.

MAPAS CONTINENTES

7/10/16

BATALLA NAVAL

Como vos comentei en clase, para facer os exercicios das coordenadas xeográficas imos xogar á batalla naval ou afundir a frota para dominar os eixes de coordenadas. Para iso vos deixo o seguinte enlace onde podedes ver as instrucións do xogo e imprimir unha plantilla. Divertideos e, ao mesmo tempo, aprendede.

Batalla naval ou afundir a frota.

O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS

Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.