Recursos de Xeografía e Historia de 1º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
7/12/14
ROMA
Aquí vos deixo o enlace ao que hai que estudar de Roma, perdoade a tardanza en publicado. Ánimo! Xa estamos acabando un trimestre! Queda só un pequeno esforzo.
2/12/14
28/11/14
ARQUEÓLOGOS VIRTUAIS: HISPANIA PRERROMANA
Queridos arqueólogos/as: Pensades que non iamos ter máis investigacións que facer? Pois non, Agora que estamos a estudar a civilización romana imos ver que fixeron os romanos na Península Ibérica e en Galicia.
Se lembrades, o último que estudamos sobre a Península Ibérica foi a Idade dos Metais, o megalitismo e os castros. Polo que o primeiro que imos a averiguar é:
Se lembrades, o último que estudamos sobre a Península Ibérica foi a Idade dos Metais, o megalitismo e os castros. Polo que o primeiro que imos a averiguar é:
![]() |
Asterix en Hispania |
- Que pobos habitaban a Península Ibérica antes da chegada dos romanos?
- Ademais dos pobos que habitaban a Península houbo outros que se instalaron nela procedentes doutros lugares. Averigüade que pobo se instalou nas seguintes vilas e que nome reciben na actualidade
- Malaka
- Gadir
- Rhode
- Emporion
- Cartago Nova
3. Os romanos chamaron Hispania á Península Ibérica, por que? Que significa a palabra Hispania?
Tedes ata o mércores día 10 (os dous grupos) para enviar as vosas respostas
27/11/14
A Antiga Roma
Xa que está claro que non podemos ir de excursión de fin de curso a Roma, nos teremos que conformar con este video da Antiga Roma en 3D
A CIVILIZACIÓN ROMANA
Continuamos polo Mediterráneo e chegamos a Roma. Escoitaches algunha vez a frase: "Todos os camiños conducen a Roma" Imos ver este video para saber que significa realmente esta frase.
19/11/14
COMENTARIO DUNHA ESCULTURA
Imos aprender a comentar unha escultura, para iso temos que seguir os seguintes pasos:
DESCRICIÓN
DESCRICIÓN
- Identificar se se trata dunha escultura en vulto redondo ou relevo
- Identificar o material no que está feita: mármore, bronce, madeira, óso...
- Identificar se é figurativa ou abstracta
COMENTARIO
- Identificar que representa: un deus, unha escena mitolóxica...
- Explicar como está representada: ten movemento, é realista, mostra expresividade,
- Identificala cunha época ou estilo e, cando se poda, co autor
Imos practicar con estas 3 esculturas gregas
ARQUITECTURA GREGA - II
O PARTENÓN DE ATENAS
É un templo dórico situado na Acrópole de Atenas, dedicado a Atenea Parthenos, a deusa protectora da cidade e promovido por Pericles. É obra dos arquicectos Ictinio e Calícrates e nel tamén traballou Fidias.
Na mesma Acrópole de Atenas se atopa o Erecteion, templo xónico no que destaca o Pórtico das Cariátides, onde as columnas foron substituídas polas Cariátides: figura feminina que substitúe a unha columna. Cando a figura é masculina chámase atlante ou telamón.
O Templo de Apolo en Delfos é un exemplo de planta circular.
ARQUITECTURA GREGA- I
A arquitectura grega é alintelada ou arquitrabada, baséase na unión de elementos verticais e horizontais. Está feita a medida do home, non ten a monumentalidade das construcións exipcias; e busca a beleza na proporción e harmonía.
O elemento básico é a columna, a combinación da base, fuste e o capitel dá lugar ás tres ordes arquitectónicas.
![]() |
Ordes arquitectónicas gregas |
O edificio principal é o templo.
![]() |
Planta dun templo grego |
Tipos de templo segundo a planta
15/11/14
9/11/14
DATAS DOS EXAMES
Por se alguén se esquece onde anotou as datas dos exames:
13 novembro 2014: Exipto e Mesopotamia
26 novembro 2014: Grecia
10 decembro 2014: Roma
13 novembro 2014: Exipto e Mesopotamia
26 novembro 2014: Grecia
10 decembro 2014: Roma
8/11/14
TRABALLO AULA DE INFORMÁTICA
Esta semana iremos á aula de informática a facer un pequeño traballo sobre a Cultura Grega. Dareivos a cada un de vós un personaxe grego do que teredes que facer unha pequena biografía na que recollades os seguintes puntos:
- Nome e datas de nacemento e morte se as coñecemos, ou o século no que viviu
- A que se dedicou: filósofo, matemática, escultor, arquitecto, dramaturgo...
- Que fixo: elaborou unha teoría filosófica, estableceun un teorema, escribiu obras, fixo esculturas...E se tedes o nome das obras as anotades
- Unha fotografía del ou das súas obras
Coa información e as fotos (teredes que imprimilas vós) que traiades faremos en todos un collage.
1/11/14
AS PIRÁMIDES DE EXIPTO
No seguinte video podedes ver como eran as pirámides
E neste explican as teorías que existen para explicar como movían os grandes bloques de pedra
E neste explican as teorías que existen para explicar como movían os grandes bloques de pedra
31/10/14
SOLUCIÓN 3º PESQUISA ARQUEÓLOGOS VIRTUAIS: OS CASTROS
![]() |
Museo do Mar de Galicia, Alcabre |
![]() |
Castro de Vigo |
20/10/14
17/10/14
15/10/14
3ª PESQUISA ARQUEÓLOGOS VIRTUAIS: OS CASTROS
Nesta ocasión imos investigar sobre os castros. Atopamos estas construcións espalladas por todo o territorio galego pero imos centrar o noso estudo en 4 castros, un por provincia:
* Castro de Baroña (Porto do Son, A Coruña)
* Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo)
* Castro de San Cibrao de Las (San Amaro e Punxín, Ourense)
* Castro de Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra)
Faremos unha ficha de cada un deles co formato que podedes ver no seguinte enlace Ficha castros
DATAS DE ENTREGA:
1º A MARTES DÍA 28 DE OUTUBRO
1º B LUNS DÍA 27 DE OUTUBRO
DATAS DE ENTREGA:
1º A MARTES DÍA 28 DE OUTUBRO
1º B LUNS DÍA 27 DE OUTUBRO
SOLUCIÓN 2º PESQUISA ARQUEÓLOGOS VIRTUAIS
O conxunto de gravados rupestres máis importante de Galicia atópase no concello de Campo Lameiro (Pontevedra) (Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS
Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.

-
Comezamos a nosa aventura arqueolóxica. * Cal é o resto humano máis antigo atopado na Península Ibérica? Onde se atopa? Cal é a súa antigü...
-
O megalitismo é un dos fenómentos prehistóricos do que máis restos temos en Galicia. Nesta ocasión tedes que buscar información sobre: * u...