15/10/14

3ª PESQUISA ARQUEÓLOGOS VIRTUAIS: OS CASTROS

Nesta ocasión imos investigar sobre os castros. Atopamos estas construcións espalladas por todo o territorio galego pero imos centrar o noso estudo en 4 castros, un por provincia:
* Castro de Baroña (Porto do Son, A Coruña)
* Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo)
* Castro de San Cibrao de Las (San Amaro e Punxín, Ourense)
* Castro de Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra)

Faremos unha ficha de cada un deles co formato que podedes ver no seguinte enlace Ficha castros

DATAS DE ENTREGA:

1º A MARTES DÍA 28 DE OUTUBRO
1º B LUNS DÍA 27 DE OUTUBRO

5 comentarios:

  1. Castro de Baroña: Está situado sobre unha pequena península de relevo abrupto e que se interna no mar. Aínda que o depósito estivo ocupado dende inicios da segunda Idade do Ferro ata ben entrada a época romana.
    Castro de Viladonga: Consta de varias murallas e fosos, dous antecastros ou áreas de expansión e unha grande coroa central ou acrópole interior circular
    Castro de San Cibrao de Las: E uns dos mas grandes en extensión en Galicia. Esta situado no municipio de San Amaro, na provincia de Ourense. Ten un alto estado de romanización.
    Castro de Santa Tegra: Presenta unha importante área escavada onde se pode observar o hábitat castrexo.
    Érika Lois Demacedo. Nº12 1ºA E.S.O

    ResponderEliminar
  2. CASTRO DE BAROÑA:

    • LOCALIZACIÓN: Porto do Son (A Coruña)

    • CARACTERÍSTICAS: Asentamento nunha península, posuía dúas murallas e conserva 20 vivendas circulares ou alongadas.

    • ELEMENTOS SINGULARES: Está situado nunha península pequena e rochosa separada por un istmo de arena.

    CASTRO DE VILADONGA:

    • LOCALIZACIÓN: Castro de Rei (Lugo)

    • CARACTERÍSTICAS: Castro galaico-romano que se atopa a 535 metros de altura sobre o nivel do mar.

    • ELEMENTOS SINGULARES: Ten un mofo moi característico do castro, xa que é fluorescente e está en perigo de extinción.

    CASTRO DE SAN CIBRAO DE LAS:

    • LOCALIZACIÓN: San Amaro e Punxín (Ourense)

    • CARACTERÍSTICAS: Está en proceso de excavación, aínda que é un dos castros de maior tamaño dos encontrados en Galicia.

    • ELEMENTOS SINGULARES: Ten dous recintos amurallados e na parte exterior ten unha terceira muralla co seu foso.

    CASTRO DE SANTA TEGRA:

    • LOCALIZACIÓN: A Guarda (Pontevedra)

    • CARACTERÍSTICAS: Sitúase a 300 metros de altitude desde o que podemos observar o Océano Atlántico e a desembocadura do río Miño.

    • ELEMENTOS SINGULARES: Existen máis de 30 grupos de petróglifos distribuidos nas pedras do castro.

    Castro de Baroña: http://www.planetasapiens.com/?p=5750
    Castro de Viladonga: http://www.epocketguide.com/cultura-castrexa-tesoro-arqueologico/
    Castro de San Cibrao de Las: http://www.galiciaenteira.com/castro-de-san-cibrao-de-las-punxin/
    Castro de Santa Tegra: http://thewayofsaintjamesjewels.wordpress.com/2013/06/07/conociendo-galicia-castro-de-santa-tecla/

    ResponderEliminar
  3. ANDREA GIL 1ºB

    O castro de Baroña atópase no concello de Puerto do Son. Posuía dúas murallas e consérvanse 20 vivendas circulares ou ovaladas. No istmo que une o poboado co castro, escavouse un foso que constitúe á primeira liña defensiva. Logo, hai unha muralla que consiste en dous muros de cachotaría cun recheo de area e pedras. A muralla principal ten dous lenzos, un á dereita, consiste en tres muros de cachotaría que soben gradualmente e outro á esquerda semellante ao do istmo. Hai tamén un sendeiro que leva á parte máis alta do poboado no que hai construcións e hai tamén restos de metalurxía, traballo de pedra e de tecido.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Baro%C3%B1a

    O castro de Santa Tegra atópase no concello de A Guarda. Ten unha sinxela muralla que acolle un terreo cuns eixos máximos de 700 e 300 metros, este castro atópase a 341 metros de altitude. As cabanas deste castro son circulares ou ovaladas con a excepción dalgunhas que son rectangulares con esquinas en arco, as súas paredes solen ser de 40 cm de grosor e a maioría pequenas. Moitas delas presentan un vestíbulo de acceso. Coa muralla delimitaron o terreo. A muralla foi realizada en cantería trabada con barro, non tiña nin cemento, nin máis de 160 cm de grosor e non encontraron aínda accesos interiores.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Santa_Tecla

    O castro de San Cibrao de Las atópase nos concellos de San Amaro e Punxín. É un castro con grandes dimensións. Ten dous recintos amurallados e o exterior está reforzado con outra muralla con o seu foso e un parapeto. A acrópole está delimitada por unha muralla que dispón de aperturas en forma de portas. A ante acrópole está case toda, delimitada por dúas murallas cos seus fosos e nalgunhas zonas cun parapeto exterior, estas murallas ábrense en tres portas. Tamén hai unha terceira liña de muralla que vai dende case a porta oeste exterior e chega 60 metros máis alá da porta sur, cerrándose sobre a segunda muralla.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Castro_de_San_Cibrao_de_Las#Descripci.C3.B3n

    O castro de Viladonga atópase no concello de Castro de Rei. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar. Ocupa unha extensión de 4 ha. A muralla principal está formada de perpiaños que chega a unha altura de 12 a 14 metros cara ao foso. Predominan os materiais da época romana avanzada ou tardo romano.
    http://gl.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Viladonga



    ResponderEliminar

  4. CASTRO

    LOCALIZACIÓN


    CARACTERÍS-
    TICAS

    ELEMENTOS
    SINGULARES

    Castro de
    BAROÑA

    Porto do Son, A Coruña Este poboado da Idade do Ferro, Estrutúrase a partir dun complexo sistema defensivo, cunha primeira liña de foso e muralla que protexe o istmo, seguida doutra que delimita os recintos habitacionais e alcanza características monumentais. Elementos de carácter defensivo e arquitectura doméstica
    Castro de Viladonga Castro de Rei, Lugo É un Castro romanizado de ocupación continuada en época tardorromana
    que consta de varias murallas e fosos, dous antecastros e unha grande coroa central. Onde se dispoñen en barrios os diferentes restos de construcións circulares e cuadrangulares muros soltos, e sinais de fogares ou sucos feitos nas rochas. Tamén pode observarse unha casa máis alongada que sería o lugar de reunión social e culto relixioso.
    servizo de vixilancia e protección. Musgo verde e luminoso.

    Castro de San Cibrao de Las



    San Amaro e Punxín, Ourense









    O Castro de San Cibrao de Las tamén é conocido como A Cidade é un dos máis grandes na extensión de Galiza, 384 metros (norte-sur) por 314 (leste-oeste). Ten un alto estado de romanización. Conta con doble muralla cun profundo foso no medio e nalguns puntos e incluso triple. . A Cidane sitúase nun punto de difícil defensa natural.


    Ten unha interesante fonte aljibe


    Castro de Santa Tegra A Guarda, Pontevedra É un poboado galaico-romano cuxas escavacións se iniciaron no ano 1913. Urbanisticamente aparecen neste espazo prazas e rúas estreitas que separan grupos de construcións aos que poderiamos denominar barrios. Mesmo ao lado da estrada que conduce ao cume pódese contemplar algunha vivenda reconstruída. A maior parte destas construcións son circulares e en moitos casos contan con vestíbulos nos que adoitan aparecer fornos de pedra.

    Presenta unha importante área escavada onde se pode observar o hábitat castrexo.


    Nerea Nemitz Santos 1ºB Nº13
    (Sinto que a tabla nos saliera tal e como estaba, pero no me deixaba copiala)

    ResponderEliminar
  5. CASTRO DE BAROÑA:
    Localización: Porto so Son(Coruña)
    Características: Castro de tipo marítimo, o seu asentamiento está construido nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a. C. a I d. C. Poseía duas murallas o seu arredor e conservánse 20 viviendas de planta circular ou oval.
    A súa alimentación tiña como principal fonte o mar: mariscos e peixes; tamén consumíanse bóvidos, cabras, ovellas e belotas.
    Elementos singulares:

    CASTRO DE VILADONGA:
    Localización: Castro de Rei (Lugo)
    Características: Ten varias murallas e foxos, que albergan dous antecastros ou aterrazamentos e unha ampla acrópole ou croa central. Neste recinto principal é onde se atopan a maioría das construcións descubertas ata agora: vivendas, currais e almacéns, algún edificio de uso social ou comunal,etc, agrupadas todas elas formando conxuntos ou "barrios" que se articulan en torno a dúas rúas principais e un camiño ou rolda paralela á muralla principal.
    Elementos singulares: Posee un céspede dunha cor verde fosforita-

    CASTRO SAN CIBRAO DE LAS:
    Localización: situado entre os términos municipais de Pungín e San Amaro, na provincia de Ourense-
    Características: Atendendo a súa tipología, pertenece a etapa final da cultura castreña, e caracterizase por o seu avanzado estado de romanización (aculturación) e das súas grandes dimensións.

    CASTRO DE SANTA TEGRA:
    Localización: Encontrase no monte Santa Tegra, no municipio da Guardia(Pontevedra).
    Características: Muralla defensiva, onde se observan dúas entradas. Urbanísticamente compóñese de construcciones circulares, comunicadas con rúas estreitas, enlosadas e algunhas pequenas prazas. Se utilizan elementos puramente urbanísticos como as escaleiras ou muros de contención de terras. As casas son de planta baixa circular ou ovalada.
    Foi declarado noano 1931 ben histórico natural

    ADRIAN GONZALEZ GOMEZ Nº9 1ºB









    ResponderEliminar

PUBLICAR UN COMENTARIO:

O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS

Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.