24/9/14

INSTRUCIÓNS ARQUEÓLOGOS VIRTUAIS

Co proxecto ARQUEÓLOGOS VIRTUAIS imos estudar a Prehistoria e Historia Antiga de Galicia co obxectivo de coñecer o noso patrimonio histórico e cultural. 

INSTRUCIÓNS
* é un proxecto individual
* trátase da busca de información sobre aqueles restos prehistóricos e dos primeiros séculos da historia que se atopan espallados por toda a xeografía galega e/ou peninsular
* a medida que en clase vaimos avanzando nas explicacións eu formularei unha pregunta e teredes unha semana para atopar a resposta e, sempre que sexa posible, acompañala dunha fotografía ou un enlace a ela
* as respostas corrixiranse na clase, poden facerse  por escrito (folios, caderno pequeno exclusivo para o traballo) ou podense responder no blog. Tede en conta que para que se publique un comentario, este debe ser correcto e ceñirse á pregunta, indicando o nome e o curso. Os comentarios SON REVISADOS por min antes da súa publicación.


2 comentarios:

  1. el blog esta muy bien : Elena 1 A

    ResponderEliminar
  2. Na Península Ibérica:

    Os primeiros restos humanos na Península Ibérica remóntanse a fai máis de 800000 anos.
    Os restos humanos máis antigos encontráronse na Sima de los Huesos (1974) e na Gran Dolina (1996) da serra de Atapuerca en Burgos.
    Os 86 restos fósiles humanos atopados en Gran Dolina pertencen a cráneos e mandíbulas de seis individuos (cuatro nenos e dous adultos) que viviron fai uns 800000 anos e as súas características antropomórficas parecen diferenciarlos de outros fósiles atopados ata a data en Europa.

    En Galicia:

    Un equipo de arqueólogos que traballan na Cueva de Valdavara, en Becerreá (Lugo), encontrou un dente infantil de aproximadamente 17.000 años de antigüidade que constitue o fósil humano máis antigo descuberto ata o momento en Galicia e que é ademáis o primeiro resto humano do Paleolítico encontrado na comunidade gallega.

    Guillermo Conde Barreiro. 1ºA E.S.O. Nº4

    ResponderEliminar

PUBLICAR UN COMENTARIO:

O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS

Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.