O menhir máis importante de Galicia é a Lapa de Gargantáns, no concello pontevedrés de Moraña . Datado entre 3000-2000 a C, ten 2m de altura e un diámetro de 50cm, conserva gravados rupestres nas dúas caras.
No concello de Vigo consérvanse numerosas mámoas, sendo a máis coñecida de todas elas A Casa dos Mouros na parroquia de Candeán. Trátase dun dolmen de planta poligonal formado por 5 ortostatos (pedra vertical que forma parte do dolmen), nun deles apóiase a pedra que servía de cobertura.
A catedral do neolítico galego é o Dolmen de Dombate, situado na parroquia de Borneiro no concello de Cabana de Bergantiños. Está formado por unha cámara poligonal á que se accede por un corredor de catro metros, cunha estrutura bastante complexa pois está dividido en tres tramos. No interior do corredor atopáronse ídolos de pedra .
O conxunto de gravados rupestres máis importante de Galicia atópase no concello de Campo Lameiro (Pontevedra) (
Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro)