1/6/17

ROMA

Como falamos en clase deixovos os mapas conceptuais de Roma e da Cultura Romana, pinchade nos enlaces para descargalos aínda que é mellor amplialos no ordenador e pasalos á libreta.

Roma

Cultura Romana

Son o documento base para estudar pero vou ir escribindo aquí o que hai que estudar polo libro ou pola libreta:

1. Definicións (hai que telas na libreta): Magna Grecia, patricios, plebeos, libertos
2. Cadros explicativos das institucións da Monarquía, República, Imperio (polo libro, pax 196-197-199) xunto coas definicións dos maxistrados que teñen que estar na libreta
3. Definicións de lares, manes e penates, barbeito, collegia, Mare Nostrum
4. Debuxo da cidade romana e definicións dos tipos de casa (na libreta e cos debuxos da páx 205)
5. Definicións das funcións de cada edificio (na libreta)
6. Definicións de orde toscana e composta

EXAME DE XUÑO

No seguinte enlace tedes o que entra no exame de xuño Xeografía e Historia 1º ESO