Queridos arqueólog@s chegamos ó final das nosas pesquisas por este curso, novos derroteros nos esperan. Imos finalizar investigando un pouquiño máis sobre a Hispania romana.
1. Algún de vos, ao buscar o nome de Hispania, xa comentaches nas rexións nas que estaba dividida. Os que non o fixeches, buscade cales foron as provincias nas que dividiron os romanos a Hispania
2. Indicade os monumentos romanos máis importantes de cada unha delas
3. Centradevos agora en Galicia, que monumentos romanos conservamos? onde se atopan? para que servían?
4. Despois de facer o mapa o outro día xa sabemos que produtos saían de Hispania cara Roma e que os levaban por terra ou mar. A ver se atopades as principais vías romanas, as principais estradas, os antecedentes das nosas autopistas.
Recursos de Xeografía e Historia de 1º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS
Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.
-
Comezamos a nosa aventura arqueolóxica. * Cal é o resto humano máis antigo atopado na Península Ibérica? Onde se atopa? Cal é a súa antigü...
-
O megalitismo é un dos fenómentos prehistóricos do que máis restos temos en Galicia. Nesta ocasión tedes que buscar información sobre: * u...
1- Os romanos dividiron Hispania en tres provincias: Tarraconensis, Lusitania e Baetica.
ResponderEliminarhttp://hispanidad.info/provincias.htm
2- Tarraconensis:
Tarraco (Tarragona): Anfiteatro
Lucus Augusti (Lugo): Muralla
Caesar-Augusta (Zaragoza): Muralla
Cartago Nova (Cartagena): Teatro
Asturica (Astorga): Cloacas
Bracara (Braga): Termas
Segobiensis (Segovia): Acueducto
Lusitania:
Emerita Augusta (Mérida): Circo
Baetica:
Hispalis (Sevilla): Ciudad Itálica
Corduba (Córdoba): Puente romano
3-
- Torre de Hércules (A Coruña): Servíalle ás embarcacións para orientarse no mar.
- Muralla romana de Lugo (Lugo): Foi construída en modo de defensa.
- Termas romanas de Lugo (Lugo): Baños públicos para reunión social.
- Ponte romana de Ourense (Ourense): Para cruzar o río Miño.
4-
- A vía da plata é unha comunicación romana que atravesa España de sur a norte (Mérida a Astorga)
- A vía Augusta é a comunicación romana máis longa de España que bordea o Mediterráneo (Pirineos a Cádiz)
Laura López de 1ºB da ESO
ANDREA GIL 1ºB Nº6
ResponderEliminar1. Os romanos dividiron a Hispania en provincias en varias ocasións:
-Na primeira división, houbo dúas provincias: Hispania Ulterior (actual Andalucía, sur de Badaxoz e A Mancha, suroeste de Murcia e algunhas partes de Portugal) e Hispania Citerior (norte e leste da actual Murcia e gran parte de A Mancha, tamén abarca zonas valencianas, Cataluña, o Ebro e o Pirineo aragonés).
-A división do ano 27 a.C constaba de tres provincias: Hispania Ulterior Baetica, Hispania Ulterior Lusitania e Hispania Citerior Tarraconensis.
-Outra división que houbo foi en cinco provincias: Gallaecia, Lusitania, Tarraconensis, Cartaginensis e Baetica.
2. Os monumentos romanos máis importantes foron:
-En Hispania Ulterior, o teatro de Cádiz.
-En Hispania Citerior, o acueduto de Segovia.
-En Hispania Ulterior Baetica, a ponte romana de Córdoba.
-En Hispania Ulterior Lusitania, o teatro romano de Mérida.
-En Hispania Citerior Tarraconensis, o arco de Bará en Tarragona.
-En Gallaecia, a torre de Hércules na Couña.
-En Lusitania, o templo de Diana en Mérida.
-En Baetica, o acueduto romano de Cádiz.
-En Cartaginensis, o teatro de Cartagena.
-En Tarraconensis, as murallas de Tarragona.
3. Os monumentos romanos máis importantes que conservamos en Galicia son: (aínda que hai moitos máis).
-Faro da Torre de Hércules, na Coruña. Servía de sinal marítimo e de instrumento de navegación para as embarcacións que atravesaban o Atlántico
-Muralla de Lugo, en Lugo. Rodea a parte antigua da cidade e servía para defenderse.
-As termas de Lugo, en Lugo. Se utilizaban como centro de ocio, negocios e saúde.
-Aquis Querquennis, en Ourense. Servía de asentamento para os romanos.
ANDREA GIL 1B NÚMERO 6
ResponderEliminar4. As principais vías que conectaban Roma e Hispania eran:
-A vía Hercúlea ou Augusta.
-A vía da Plata.
-A vía do Norte.
-A vía do Atlántico.
-A vía Meseteña.
-A vía XVII de Braga.
-A vía Nova de Braga.
-A vía XIX de Braga.
-A vía XX de Braga.
-A vía Lusitanorum.
1. Hispania na época romana estaba dividida nas seguintes provincias: Ulterior Baetica, Citerior Tarraconensis e Ulterior Lusitania.
ResponderEliminarTamén estaba dividida en Tarraconensis, Lusitania, Carthaginensis, Baetica, Gallaecia e Balearica.
2. Tarraconensis: Anfiteatro, Segovia.
Lusitania: Augusta Emerita, Mérida.
Carthaginensis: Monumento Funerario, Cartaxena.
Baetica: Ponte Romano, Córdoba.
Gallaecia: Castros Galaicos, Galicia.
Balearica: Cultura Talayótica, Illas Baleares.
3. Aínda, en Galicia conservamos os seguintes monumentos romanos:
A Muralla de Lugo, atópase en Lugo e servía para protexer, defender a cidade, para impedir o paso ós estranxeiros e para pagar os impostos.
A Torre de Hércules, atópase en A Coruña e o utilizaban coma un faro de navegación para os mariñeiros no século II d.C.
O Ponte de Ourense, atópase na cidade de Ourense, o usaban para ir dun lado do río Miño ao outro, sen ter que ir nunha barca…
Santa Eulalia de Bóveda, sitúase en Lugo, servía antigamente para para bañarse en piscinas pequenas e a xente bañábase alí.
Bancales romanos na Ribeira Sacra, atópase na ladeira do río Sil no noroeste de Galicia e servía para cultivar as vides nuns chanzos de pedra que tiñan.
Piscina romana, está en Lugo e era unha peza bautismal, unhas termas romanas de auga fría ou fonte pública.
Montefurado, sitúase ao lado da carreteira de Monforte de Lemos e Ponferrada (na provincia de Lugo), era unha inxeñería romana e servía para extraer ouro dos aluvións dun gran meandro.
Aquis Querquennis, en Ourense. Servía de asentamento para os romanos.
4. A vía da Prata, vai dende Astorga, pasa por Salamanca e Cáceres, ata chegar a Mérida.
A vía Augusta, vai dende os Pirineos, pasando por Cartago Nova e pola costa Mediterránea, que chega ata Cádiz.
Clara Fierro Ruiz Nº7 1º A E.S.O.