Os alumn@s de 1º B tiveron unhas dúbidas o outro día e tanto eles coma eu non fumos capaces de resolvelas e buscamos e buscamos a información. Por iso decidimos preguntarlle a un gran experto da historia de Exipto, a Nacho Ares, escritor e historiador que conduce o programa SER Historia na Cadena Ser. Aquí tedes a dúbida que lle mandamos por twitter, cando nos conteste poñeremos a solución.
Grazas a unha amiga atopei a solución á primeira dúbida
Trátase dun xerogflífico, o Anj, que significa vida. Cando aparece portada por un dos deuses indica as súas competencias sobre a vida e a morte e coa súa condición de eternos. Relacionado cos homes, significa inmortalidad, polo que se emprega para describir a vida ou a idea de vida despois da morte, entendida como inmortalidade.