23/4/18

DÍA DO LIBRO: NOVELAS HISTÓRICAS DA IDADE ANTIGA

O 23 de abril é o Día do Libro. Un dos xéneros que máis lectores ten é o da novela histórica, na que se recrean acontecementos históricos mesturados coa ficción. Da época antiga, a que estamos estudando este ano, hai moitas novelas, unhas máis fieis á historia que outras. Aquí vos deixo algunhas, hai moitas máis. Moitas destas novelas foron levadas ao cine ou á televisión. Non deixo os libros aquí para que os leades agora, senón para que aqueles que vos gusta o xénero os podades ler nun futuro. No blog de 2º da ESO tedes novelas centradas na Idade Media.

Resultado de imagen de sinuhe el egipcio libro
Sinuhé, o médico real do faraón Akenaton, conta a historia no exilio despois da morte do fararón a causa de perder a súa posición pola relación cunha cortesana. Ademais dos sucesos da época, relata tamén os viaxes de Sinuhé por Babilonia, por Creta e por outros pobos veciños.

Hai unha película de 1954.

Resultado de imagen de yo claudio
Novela narrada en primeira persoa na que o emperador Claudio conta a súa vida pois pensa que alguén vai acabar con ela.

Hai unha serie da BBC inglesa de 1976.

Resultado de imagen de claudio el dios y su esposa mesalina
Continuación da novela anterior.












Resultado de imagen de memorias de adrianoA modo dunha longa carta dividida en capítulos, o emperador Adriano conta a súa vida.

                     
Resultado de imagen de viaje pomponio
 No s I a C Pomponio Flato viaxa polo Imperio en busca dunhas augas milagrosas e chega a Nazaret, onde vai ser executado o carpinteiro do pobo, acusado do asasinato dun rico cidadán. Pompoio vese inmerso na solución do crime.


O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS

Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.