1. Cando chegaron os romanos á Península Ibérica, esta estaba habitada polos chamados Pobos Prerromanos. Anteriormente producírase a invasión de pobos de orixe celta mentres que no val do Guadalquivir se desenvolveu a civilización dos Tartesos, considerado o primeiro estado da Península.
Se observades o mapa son un feixe deles pero adoitase a agrupar en:
a. Os iberos: na franxa mediterránea e o sur da Península
b. Pobos celtíberos no centro e oeste da Península
c. Pobos do norte: galaicos, astúres, cántabros e vascóns. De influencia céltica pero non celtas
2. A situación xeográfica da Península, no Mediterráneo occidental fixo que os chamados pobos colonizadores chegasen a ela e fundase colonias como as de :
* Malaka: colonia fenicia, Málaga
* Gadir: colonia fenicia, Cádiz
* Rhode: colonia grega, Roses
* Emporion: colonia grega, Émpuries
* Cartago Nova: colonia cartaxinesa, Cartagena
3. O nome de Península Ibérica é probable que proveña do río Iber (Ebro) ou do río Iberos (Huelva) e do pobo ibero. Os gregos chamaron a este territorio Iberia e os romanos Hispania que significa "terra de coellos" pois parece ser que abundaban estes animais.
Recursos de Xeografía e Historia de 1º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS
Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.
-
Comezamos a nosa aventura arqueolóxica. * Cal é o resto humano máis antigo atopado na Península Ibérica? Onde se atopa? Cal é a súa antigü...
-
O megalitismo é un dos fenómentos prehistóricos do que máis restos temos en Galicia. Nesta ocasión tedes que buscar información sobre: * u...